CASA EIROA. A Estrada

Su casa en Galicia


Galería Fotográfica

Faga clic sobre as imaxes para velas ampliadas.

Exterior

Zona exterior dotada de patio e xardín. Con mobiliario de xardín e barbacoa. Ideal para comidas e ceas ó aire libre. Tamén constitúe un espazo para que os xogos dos máis pequenos da casa se desenvolvan sen ningún risco.

Planta Baixa

Na planta baixa atópanse os espazos comúns da casa. Unha sala, cómoda e acolledora, un amplo salón comedor e máis unha moderna cociña, equipada con tódolos electrodomésticos de uso habitual. Tamén dispón dun pequeno aseo. Tanto as paredes da sala coma as do comedor son de pedra vista.

Primeira Planta

Nesta planta hai 3 habitacións, todas completamente amobladas e exteriores. Unha cunha cama de 150 cm. e máis baño, outra con cama de matrimonio de 135 cm e a terceira cunha cama individual de 105 cm. Tódalas habitacións teñen armario e dispoñen dun pequeno lavabo. Tamén están dotadas de fío musical. Esta planta conta ademáis cun cuarto de baño.

Segunda Planta

Esta planta posúe a mesma estructura que a primeira, aínda que algunhas habitacións son abufardilladas.

Como se pode apreciar nas imaxes, trátase dunha casa completa en tódolos sentidos, totalmente preparada para recibilos. Vexa todas as características da casa e ¡Faga a súa reserva!